O PP pide ao alcalde que retire da Xunta de Goberno Local a compravenda do Reitorado para sede de Zona Franca porque non é o momento

Publicado por o día 18/03/2020 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP pide ao alcalde que retire da Xunta de  Goberno Local a compravenda do Reitorado para sede de Zona Franca porque non é o momento

O asunto inclúese na orde do día da reunión deste venres, pero o PP considera que debe pospoñerse porque, nestes momentos, hai outras prioridades.

O grupo municipal do Partido Popular esíxelle a Abel Caballero que retire ou pospoña da orde do día da Xunta de Goberno Local, do venres 20 de marzo, o punto 4, referido á compravenda do antigo Reitorado, na rúa Areal, para albergar a sede do Consorcio da Zona Franca.

O Partido Popular considera que non é o momento de levar a cabo esta operación porque hai necesidades máis importantes que atender. “É máis, consideramos que Zona Franca debe poñer todos os seus recursos ao dispor das empresas e non destinalos a facerse unha sede céntrica para darse visibilidade”, afirma Alfonso Marnotes.

“É desafortunado que se celebre unha Xunta de Goberno con este punto coa que está a caer e o que é máis desafortunado é que o alcalde siga adiante con esta idea e que a Zona Franca non teña outra preocupación agora que a de facerse unha sede céntrica”, engade Marnotes.

O PP considera que Zona Franca debe establecer un plan de choque con medidas e mobilizar recursos para apoiar ás empresas de Vigo que o están pasando mal.