O PP pídelle a Abel Caballero que pague os autobuses de Vigo a Pontevedra e páselle a factura ao Imserso

O PP celebra que o alcalde reclame ao Imserso que implante voos desde Peinador e lembra que xa lle instamos a facelo en días pasados
Publicado por o día 16/10/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP pídelle a Abel Caballero que pague os autobuses de Vigo a Pontevedra e páselle a factura ao Imserso

O portavoz do grupo municipal do PP, Alfonso Marnotes, celebra que o alcalde reclame ao Imserso que implante voos desde Peinador e lembra que xa lle instamos a facelo en días pasados, pero considera que non é suficiente. Así lle pide a Abel Caballero que o máis inmediato, para solucionar os voos do Imserso que non saen desde Peinador, é que facilite autobuses que saian desde Vigo. “Pedímoslle que tome esta medida como solución inmediata. Que os pague o Concello e que despois lle reclame o importe ao Imserso, pero os viaxeiros non teñen por que saír desde Pontevedra e pagarse do seu peto o transporte ata alí”.

O Partido Popular considera que xa que os cidadáns de Vigo están illados por non poder saír desde Peinador, non se merecen seguir estando discriminados tendo que pagarse un autobús a Pontevedra. “Ten que haber máis voos desde Vigo, pero mentres non os haxa, o Imserso ten que pagar o autobús desde aquí”, aclara o portavoz municipal Alfonso Marnotes.

Por outra banda, o PP celebra que Abel Caballero pídalle ao director xeral do Imserso que os voos saian de Peinador tal e como lle reclamamos. Agora ben, “esperemos que non sexa unha declaración en medios de comunicación para quedar ben, o que lle pedimos é que se implique. E veremos se foi capaz de reclamar algo, por fin, ao goberno socialista de Pedro Sánchez”, conclúe Marnotes.