O PP pídelle ao alcalde que deixe de culpar á Xunta polos malos datos de Peinador e encárguese de potenciar Vigo como un destino atractivo

“Abel Caballero di que Peinador vai a velocidade de cruceiro. Pois vai a velocidade de cruceiro pero costa abaixo. Estamos por baixo de aeroportos en cidades máis pequenas como Xerez da Frontera ou Santander”, afirma Alfonso Marnotes
Publicado por o día 16/08/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP pídelle ao alcalde que deixe de culpar á Xunta polos malos datos de Peinador e encárguese de potenciar Vigo como un destino atractivo

O portavoz popular, Alfonso Marnotes, lamenta os datos negativos de Peinador, que en xullo descendeu nun 14% o número de pasaxeiros, e pídelle ao alcalde que deixe de queixarse e póñase a traballar, que fale menos de si mesmo e promocione máis á cidade como destino turístico.
 
“Somos o único aeródromo de Galicia que perde pasaxeiros, fronte a Lavacolla e Alvedro que aumentan nun 13% e nun 11%, respectivamente. Abel Caballero bótalle a culpa á Xunta da baixada de Peinador, pero está claro que hai outros alcaldes que se preocupan máis, así que lle esiximos que non bote balóns fose e póñase a traballar. Antes das eleccións prometeu voos de baixo custo a Londres, Barcelona e outros dous destinos onde están? Nin están nin se lle esperan”.
 
O Partido Popular lamenta as desafortunadas declaracións de Abel Caballero nas que afirmaba que ‘Peinador vai a velocidade de cruceiro’, con todo os datos de Aena “demostran que vai a velocidade de cruceiro, pero costa abaixo e, o peor é que esta tendencia vai seguir así durante uns meses. Estamos por baixo de cidades cun número inferior de habitantes, como Jerez de la Frontera ou Santander”, engade Marnotes. “E, ademais, descendemos tamén en tráfico de mercadorías nun 56%”. “Hai unha falta total de xestión. Perdemos voos, e por conseguinte destinos, e o alcalde está de brazos cruzados. O único que dixo é que é un tema que arranxará o ano que vén. E, ademais, a compañía portuguesa TAP anunciou que descarta Vigo nas súas operacións. Alcalde, preguntámoslle por que estamos a deixar de ser competitivos. Estamos a illarnos e iso non é culpa @de la Xunta, é de vostede”, asegura Alfonso Marnotes.
 
O grupo municipal do PP tamén considera que Abel Caballero só se promociona a si mesmo e non está a potenciar suficientemente Vigo como un destino atractivo. “Hai unha desidia total e absoluta en materia de política turística na nosa cidade e isto si que é única e exclusivamente responsabilidade de Abel Caballero”, conclúe Marnotes.

Una respuesta para "O PP pídelle ao alcalde que deixe de culpar á Xunta polos malos datos de Peinador e encárguese de potenciar Vigo como un destino atractivo"

  1. Gamela   17/08/2019 at 9:36

    Esta tropa vainos levar directamente ao cemiterio !!! https://youtu.be/ESDpzwWrmGg

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.