O PP pídelle ao alcalde que traballe, dunha vez, por resucitar ao aeroporto de Peinador, que segue en caída libre

Vigo carece dun plan turístico que nos potencie como destino e así, en agosto, fomos a cidade, das tres con aeroporto, con menos pernoitas de Galicia
Publicado por o día 17/10/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP pídelle ao alcalde que traballe, dunha vez, por resucitar ao aeroporto de Peinador, que segue en caída libre

O portavoz popular, Alfonso Marnotes, lémbralle, novamente, ao alcalde que o aeroporto de Vigo segue en caída libre, xa que leva varios meses acumulando un importante descenso de tráficos, mercadorías e, sobre todo, de pasaxeiros. En setembro, segundo os datos de AENA, Peinador perdeu un 17,6% de pasaxeiros. E nun ano perdeu máis de 71.000 pasaxeiros, unha cifra alarmante.
 
“Somos o único aeroporto de Galicia que perde pasaxeiros, fronte a Lavacolla e Alvedro que aumentan. Xa o dixemos, pero parece que o alcalde non se quere decatar. Se as cousas non van ben, bótalle a culpa a outras administracións e leste é un problema que ten que arranxar el. Pedímoslle que resucite ao aeroporto”, critica o portavoz do grupo municipal Alfonso Marnotes.
 
O Partido Popular afirma que Peinador xa non conta con voos internacionais e cada vez ten menos frecuencias nacionais. “Vigo é unha cidade de primeira, pero as cifras do aeroporto son de terceira”, aclara Marnotes. Os datos así o avalan. Segundo o INE, Vigo, en agosto deste ano, rexistrou 91.576 pernoitas, fronte ás 113.933 da Coruña ou as 124.526 de Santiago. “Somos a cidade de Galicia, das tres que hai con aeroporto, con menor número de pernoitas durante todo o verán. E isto débese a que Vigo carece dun plan turístico, dunha estratexia a medio e longo prazo que nos posiciones como destino vacacional” sinala Alfonso Marnotes. “Estamos instalados no anecdótico. Novamente, Abel Caballero prefire promocionarse a si mesmo nos programas de televisión que promocionar a cidade.”
“Así non podemos ser competitivos, estamos illados e perdendo posiciones mes tras mes”, engade.