O PP presenta unha moción urxente para esixir que o goberno local acabe coa discriminación dos policías locais acordada en pleno hai un ano

Miguel Fidalgo lembra que en abril de 2018 aprobouse por unanimidade en pleno, a proposta do PP, a equiparación dos complementos específicos dos axentes cos bombeiros, e o alcalde “segue dando longas e incumprindo a súa palabra”
Publicado por o día 26/03/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP presenta unha moción urxente para esixir que o goberno local acabe coa discriminación dos policías locais acordada en pleno hai un ano

O concelleiro popular Miguel Fidalgo avanzou hoxe que o seu grupo vai presentar unha moción urxente no pleno de mañá para esixirlle ao alcalde que cumpra co que prometeu hai xa un ano e acabe coa discriminación salarial dos policías locais.
 
“En abril de 2018, o Partido Popular levou a pleno unha proposta que buscaba a equiparación salarial dos axentes locais cos bombeiros en caso de baixa por accidente laboral, e aprobouse por unanimidade”, incidiu Fidalgo, quen lembra que a situación actual é “discriminatoria” xa que o complemento específico dos policías non inclúe valores como a nocturnidade, a festividade ou as horas extra.
 
O edil popular ha resaltado que esta é “unha demanda histórica que leva 10 anos encima da mesa do alcalde”, e indicou que, nestes momentos, se un bombeiro e un policía local acudisen a socorrer aos veciños durante o accidente do Marisquiño, o primeiro cobraría o 100% do seu salario en caso de baixa, mentres que o segundo perdería a cantidade equivalente ao mencionado complemento.
 
“Hai xa un ano que o alcalde se comprometeu a arranxar esta situación e seguimos esperando. Entón díxoselles que se ía a facer xa; logo había que esperar ao orzamento; máis tarde, a que empezase o ano; e agora nin nos plenos de xaneiro, febreiro e marzo aparecen estas reivindicacións; xa abonda de mentiras e manipulación”, expuxo o concelleiro popular, quen resaltou que este é “un tema da máxima urxencia” xa que os policías locais non poden esperar nin un día máis. xa basta de faltas de respecto.
 

Sobre os Vigueses Distinguidos

 
Así mesmo, e en relación aos galardóns de Vigueses Distinguidos, Fidalgo subliñou que é “unha verdadeira pena”, e algo que produce “moitísima tristeza”, comprobar como os ex xefes de servizo de Atención Primaria “prestáronse a facerlle o xogo político ao alcalde para recibir un premio só por estar en contra de Feijóo”. “Dixémolo unha e mil veces e volvémolo a repetir: o alcalde está a usar de maneira política uns premios que deberían xerar o maior consenso posible na cidade”, engade.
 
A este respecto, o concelleiro popular ha lamentado a negativa do rexedor socialista a respectar a proposta do PP que buscaba “premiar a todo o persoal sanitario que día a día traballa para mellorar a saúde dos vigueses”. “O noso alcalde usa un conflito laboral para distinguir a uns señores POR criticar a xestión sanitaria; é penoso e lamentable”, profunda.
 
Neste marco, Fidalgo quixo “deixar moi claro, porque parece que algúns buscan escusas incomprensibles, que o Partido Popular de Vigo está total e absolutamente en contra de que se premie aos xefes de servizo e non a todos os traballadores sanitarios”. “Esa é a proposta que nos parece xusta para todos. non queremos que se discrimine a ninguén”, apunta.
 
Así mesmo, o edil popular ha cualificado ao rexedor socialista como “o inimigo público número uno da sanidade pública de Vigo”. Non en balde, e como lembra, tras “mentir e mentir sobre o Hospital Público Álvaro Cunqueiro, agora trata de confundir á xente coa Atención Primaria”. “É lamentable e dános moita tristeza que uns funcionarios públicos préstense a este xogo”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.