A portavoz popular, Elena Muñoz, anunciou hoxe que o PP de Vigo presentará unha moción urxente no próximo pleno municipal para pedir explicacións políticas ao edil socialista Ángel Rivas sobre a súa citación en calidade de investigado pola licitación fragmentada do contrato da iluminación do Nadal de 2016-2017.
“Hai un concelleiro imputado pola forma de contratar no Concello. Á marxe da investigación xudicial, urxen as explicacións políticas”, sinalou Elena Muñoz, que espera que o grupo socialista acepte a urxencia desta moción ante a evidencia dos feitos coñecidos nas últimas horas.
Queremos chegar ata o fondo; que o concelleiro explique que pasou, que trámites fixéronse, e que poida contar no pleno, onde están representados todos os vigueses, o procedemento seguido”, profundou.
Neste sentido, a líder dos populares lamentou “o escurantismo” existente no goberno municipal, lembrando que ata a data usaron a súa maioría absoluta para impedir calquera tipo de investigación, como sucedeu recentemente, e sen ir máis lonxe, co Marisquiño
“É unha mágoa que o alcalde e o seu equipo empreguen a maioría absoluta para ocultar a realidade aos vigueses”, proseguiu Elena Muñoz, quen confía que esta vez llas oportunas explicacións sobre un tema que o seu grupo xa denunciou hai ano e medio.
Non é ningunha sorpresa
Así, e como sinala, “para nós non é ningunha sorpresa”. “Xa en marzo de 2017 denunciabamos publicamente o fraccionamiento dese contrato, que quedara deserto e diciamos que, para solucionalo, o goberno buscou unha forma de dubidosa legalidade”, expón. “Naquel momento xa alertamos de que a opción elixida era unha chapuza. Agora vese que os xuíces teñen as mesmas dúbidas que nós”, profunda.
Neste marco, a popular subliñou que esta é unha máis da “forma de facer as cousas que ten este goberno municipal, que sente por encima da lei”, e confiou en que “por unha vez, sexan capcaes de dar as explicacións políticas oportunas”.
“O contrario sería usar a maioría absoluta da peor forma posible: para esconderse unha vez máis e impedir que os vigueses saiban o que está a pasar na súa cidade”, concluíu.
Noticias de última hora en Vigo