O PP reclama a Carmela Silva que cumpra cos concellos afectados polos lumes de 2017

Publicado por o día 04/09/2018 na sección de Galicia,Nigrán,Partido Popular,Política

O PP reclama a Carmela Silva que cumpra cos concellos afectados polos lumes de 2017

O grupo provincial do Partido Popular volverá a reclamar á Deputación de Pontevedra e á súa presidenta, Carmela silva, que cumpra de unha vez por todas cos concellos e cos veciños afectados polos lumes de 2017 na provincia. Así o anunciaron esta mañá os deputados Elena Muñoz e Santiago Rodríguez, nunha rolda de prensa en Nigrán, un dos concellos máis afectados, e na que tamén participou a presidenta local do partido, María José Pino.