O PP reclama a inclusión nos Orzamentos do Estado da gratuidade da peaxe Vigo – Redondela e a conversión en tramo urbano da AP-9 en Teis

Elena Muñoz anuncia que presentarán emendas no Congreso e no Senado para que se inclúan unhas demandas xa conseguidas e ás “que o goberno socialista ha dado marcha atrás”: “É intolerable o ninguneo a Vigo destas contas”
Publicado por o día 18/01/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP reclama a inclusión nos Orzamentos do Estado da gratuidade da peaxe Vigo – Redondela e a conversión en tramo urbano da AP-9 en Teis
A portavoz popular Elena Muñoz mantivo onte un encontro con representantes das AAVV de Teis e de Chapela, aos que lles trasladou que o PP presentará emendas no Congreso e no Senado reclamando a inclusión nos orzamentos xerais do Estado da entrada urbana a Teis e da gratuidade da peaxe Vigo – Redondela.
 
“Volvemos a Teis para reclamar os mesmo que levamos ano pedindo, independentemente da cor política do goberno central, e que parece que ao goberno local esquecéuselle”, incidiu a líder dos populares, lamentando que as contas estatais ignoren “dúas cuestións fundamentais”. “Estamos a falar dunha demanda que xa estaba conseguida e á que o goberno socialista ha dado marcha atrás. É intolerable o ninguneo a Vigo destes orzamentos”, engade.
 
Neste marco, Elena Muñoz indicou que, “se o alcalde socialista non o quere reivindicar, desde o PP de Vigo imos facer”, para que se inclúa unha “partida para dous temas absolutamente imprescindibles para o desenvolvemento de Vigo e da súa área”.
 
A líder dos populares destacou que o seu partido sempre mantivo “o mesmo mensaxe”, e seguirá encabezando ambas as peticións se o alcalde Vigo, “por comprarlle uns días máis a Sánchez en Moncloa, non o quere facer”. “Interésalle máis defender os intereses de Sánchez que os dos vigueses”, apunta.
 
“Cando gobernaba o PP, estabamos moi preto de conseguir a gratuidade da peaxe, e agora parece que nos atopamos máis lonxe que nunca. Do mesmo xeito que eliminaron o estudo para o proxecto do tramo urbano, unha prioridade para Teis, para Chapela e para Vigo, que debe afrontarse desde as Torres de Padín”, profunda.
 
Así mesmo, Elena Muñoz esixiu que ambas as peticións deben incluírse nas negociacións do traspaso da AP-9, “para que todos os galegos e os vigueses teñamos as máximas garantías de que as dúas actuacións van levar a cabo”.
 

“Non se moveu nada”

 
Neste contexto, o presidente da Asociación de Veciños de Teis subliñou que “é unha vergoña para esta cidade” que ambas as reivindicacións non figuren nos PGE. “Aquí non se moveu nada en vinte anos e a peaxe de Redondela é aberrante”, criticou Antonio Collazos, para engadir que “·o tramo urbano beneficiaría a toda a contorna” xa que “o tráfico tería máis fluidez para os que imos cara a Pontevedra”.
 
Pola súa banda, Marcial Pérez, presidente da Asociación de Veciños de Chapela, referiuse á peaxe Vigo – Redondela como “unha reivindicación absolutamente unánime”. “É a única circunvalación de toda España na que hai que pagar para circular”, destacou, afirmando que “estamos avergoñados de ver como nos orzamentos non se pon absolutamente nada”. Do mesmo, engade, que tampouco figura nada para o tramo urbano desde Torres de Padín, cando o ano pasado había unha partida de 1 millón de euros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.