O PP solicita a comparecencia do ministro de Fomento no Senado para que dea “explicacións claras e precisas” sobre o AVE e as infraestruturas pendentes en Vigo

Lamenta que o alcalde mostre unha “falsa euforia” e manteña diferentes discursos segundo quen goberna en Madrid: “Ponse moi fanfurriñeiro cando gobernan outros, pero cando gobernan os seus váiselle toda a forza”
Por o 11/10/2018 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
O PP solicita a comparecencia do ministro de Fomento no Senado para que dea “explicacións claras e precisas” sobre o AVE e as infraestruturas pendentes en Vigo

A presidenta e portavoz popular, Elena Muñoz, acompañada do concelleiro e senador, Miguel Fidalgo, anunciou hoxe que o Partido Popular ha rexistrado en Madrid a solicitude de comparecencia do ministro Ábalos na comisión de Fomento do Senado. “Terá que acudir ao Senado e falar de cales son os plans do Goberno de España para conectar Vigo-Madrid co AVE, ademais doutras cuestións fundamentais para Vigo”, destacou.

Elena Muñoz criticou que actuacións como o AVE por Cerdedo, a nova autovía Vigo-Porriño, a gratuidade da peaxe de Rande ou a declaración de tramo urbano da AP-9 desde as Torres de Padín, déixense agora no aire para realizar novos estudos.

“No AVE van facer un estudo de 3 anos e logo ‘xa se verá’; da autovía din que irá no orzamento; a gratuidade da peaxe está a expensas de 2 cartas a Audasa; e sobre o tramo urbano queren facer outros estudos desde Buenos Aires e non desde onde solicitan os veciños”, detallou a popular, indicando que este novo rumbo supón unha “freada en seco de todas as investimentos que se estaban facendo ou que xa estaban comprometidas por parte do anterior Goberno”.

Por este motivo, a líder dos populares cualificou de “fracaso” a visita do ministro de Fomento a Vigo a semana pasada, e lamentou que o alcalde mostre unha “falsa euforia finxida” con diferentes discursos segundo quen goberne en Madrid. “É sorprendente como se pon moi fanfurriñeiro cando goberna outro partido, pero cando goberna o seu váiselle toda a forza”, critica.

“Desde o PP non nos imos a quedar quietos”, incidiu Elena Muñoz, lembrando que xa mantiveron reunións cos veciños de Teis e Chapela para apoiar as súas reivindicacións. Unhas reivindicacións que, como sinala, “son as de todo Vigo” e que levan esixindo “moitísimo tempo”. “Se o alcalde xa non é capaz de esixir garantías para estes investimentos pendentes, farémolo desde o Partido Popular”, resaltou, apuntando que isto non é máis que un síntoma de “o pouco que lle interesa ao alcalde que Vigo e as súas infraestruturas avancen”.

Neste sentido, o concelleiro e senador popular, Miguel Fidalgo, sinalou que xa rexistrou 3 preguntas escritas sobre o AVE por Cerdedo dirixidas ao ministro de Fomento coa finalidade de esixir explicacións e transmitirlle a urxencia de que “a principal cidade de Galicia estea conectada con Madrid en menos de 3 horas”. O popular manifestou que a visita de Ábalos deixou “moi preocupados” a todos os vigueses, porque se aprecia que “a intención do Goberno non é a de traer o AVE a Vigo”.

Por isto motivo, lembra que desde Vigo non se está pedindo máis nada que “o que outras moitas capitais de España xa teñen”, e por iso realizou as seguinte cuestións dirixidas ao ministro de Fomento: En que data prevé o Goberno que poida entrar en funcionamento o tramo de AVE a Vigo por Cerdedo? Que previsión orzamentaria por anualidades ten o Goberno para completar o estudo hidrogeológico do tramo? Cal sería o cronograma e os trámites pendentes ata a redacción e licitación do proxecto do AVE a Vigo por Cerdedo?

PXOM en Vigo

A líder dos populares, Elena Muñoz, tamén quixo referirse ao anuncio por parte do goberno local da adxudicación da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, criticando que os vigueses “tivemos que esperar 3 anos a que o goberno local fixese un novo plan, como eles prometían dicindo que o farían en tempo récord, e agora resulta que en 3 anos só foron capaces de adxudicar a redacción a unha empresa privada”.

Neste marco, Elena Muñoz lamentou que “Vigo leve 3 anos co urbanismo paralizado” e que esta situación estea a prexudicar de forma notable á implantación de novas empresas na cidade “que non atopan chan”, e a todas as familias que “se teñen que ir fóra de Vigo a vivir porque temos os alugueres máis altos e non hai oferta de vivenda nova”.

A popular resaltou que esta adxudicación “chega tardísimo” e que non podería facerse peor xa que como detallou, “como mínimo non teremos Plan Xeral en Vigo ata 2022 e isto é algo que non se pode permitir nunha gran cidade”. Por iso, mostrou o seu malestar cos plans e datas do goberno local e quixo destacar que “se o PP goberna a cidade a partir de maio, Vigo terá o Plan Xeral moito antes, porque é o que necesita Vigo e o que necesitan os Vigueses”.

 

 

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.