O PP solicita a relación nominal dos traballadores das concesionarias municipais e dos interinos contratados no Concello de Vigo nos 2 últimos anos

A portavoz popular, Elena Muñoz, anuncia que xa pediron unha copia por rexistro para coñecer o persoal das seguintes concesionarias: Viguesa de transportes S.A., Fomento de Construcións e Contratas S.A., Contenur S.L., Althemia S.L., Aquualia-Fcc Vigo UTE, UTE Luze Vigo, e UTE INTEGRA MXSI CEE GALICIA S.L.-INTEGRA MGSI CEE, S.L.
Publicado por o día 26/02/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP solicita a relación nominal dos traballadores das concesionarias municipais e dos interinos contratados no Concello de Vigo nos 2 últimos anos

A portavoz popular, Elena Muñoz, anuncia que xa pediron unha copia por rexistro para coñecer o persoal das seguintes concesionarias: Viguesa de transportes S.A., Fomento de Construcións e Contratas S.A., Contenur S. L., Althemia S. L., Aquualia-Fcc Vigo UTE, UTE Luze Vigo, UTE INTEGRA MXSI CEE GALICIA S. L.-INTEGRA MGSI CEE, S. L
 
A portavoz do PP de Vigo, Elena Muñoz, anunciou hoxe que o grupo municipal do Partido Popular ha solicitado por rexistro no Concello de Vigo unha copia da relación nominal de todo o persoal ao servizo das concesionarias municipais e dos interinos contratados nos últimos 2 anos polo goberno local.
 
Elena Muñoz anunciou que desde o Partido Popular queren saber “todo o persoal contratado polas concesionarias municipais”, entre as que enumerou a: Viguesa de transportes S.A., Fomento de Construcións e Contratas S.A., Contenur S.L., Althemia S.L., Aquualia-Fcc Vigo UTE, UTE Luze Vigo, e UTE INTEGRA MXSI CEE GALICIA S.L.-INTEGRA MGSI CEE, S.L.
 
Ademais, a popular sinalou que ampliarán esta solicitude de información requirindo tamén a relación nominal de todos os interinos contratados polo Concello de Vigo nos últimos 2 anos. “Queremos resolver unha pregunta que está no aire e que interesa aos vigueses. Hai máis sobriños, cuñados, curmáns e familiares de membros do goberno local ou do PSOE que están a traballar para o Concello de Vigo de forma directa ou indirecta?”, cuestionou, remarcando que irán “ata o final” co obxectivo de sabelo.
 
A edil popular ha valorado as declaracións de Carmela Silva “ameazando con querelas” e destacou que estas son “froito do nerviosismo no que está instalada” a socialista tras a “sentenza demoledora” polo enchufe da súa cuñada. “Está desesperada porque non se fale do tema, por iso pasou a tentar amedrentar antes do pleno extraordinario de mañá”. Neste sentido, Elena Muñoz quixo lembrar que “Carmela Silva prometera non falar deste tema e vemos que incumpriu a súa palabra. É unha mostra máis de que a súa palabra non vale absolutamente nada”.
 
Na súa intervención, leu de forma textual parágrafos das sentenzas xudiciais sobre o caso do enchufe, onde os xuíces refírense a que a elección dunha familiar do goberno local para a contratación irregular non é un feito “casual” e preguntouse se “a señora silva tamén vai estender a súa querela aos xuíces”.
 
Elena Muñoz quixo lembrar a Silva que foi o xulgado e os xuíces os que ditaron a súa sentenza política, e que “o máis digno que pode facer é marcharse e deixar de salpicar ao Concello de Vigo”. A popular destacou a necesidade de separar as responsabilidades xurídicas das políticas e a mostrado a necesidade de que Silva, como responsable política, atenda as responsabilidades políticas que lle corresponden.
 
“Aquí os xuíces falaron de forma contundente contratouse de forma irregular, non a calquera vigués, senón á cuñada da señora silva, e iso é un feito probado do que a señora silva non pode escapar”, afirmou. “No pleno extraordinario de mañá esixiremos que asuma as súas responsabilidades políticas, e esixirémolo coa mesma contundencia e convicción que tivemos desde o minuto uno”, incidiu.
 
“Agora a señora Silva quere que o verdugo se converta en vítima, isto é o mundo ao revés”, ironizou, antes de concluír que o que máis atentou contra a honra de Carmela Silva, é a propia Carmela Silva”, subliñou Elena Muñoz, facendo fincapé na intención do grupo popular de “seguir pola vía política” para “seguir polo camiño trazado e asumir o compromiso que demandan os vigueses”. “Non se pode utilizar o Concello de Vigo para fins persoais e sobre todo, débense asumir responsabilidades políticas, porque aquí non se está falando dun suposto, senón dunha sentenza xudicial”, concluíu.