O PP subliña que a Autoridade Fiscal Independente “confirma todos os nosos avisos” sobre o Auditorio e “desmonta as falacias do alcalde”

A portavoz popular cualifica de “ malísima noticia” o previsible incumprimento da regra de gasto por parte do Concello en 2018, e achácao á “horrible xestión de quen nos quixo vender o negro, branco”.
Por o 08/02/2019 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
O PP subliña que a Autoridade Fiscal Independente “confirma todos os nosos avisos” sobre o Auditorio e “desmonta as falacias do alcalde”
A portavoz popular Elena Muñoz valorou hoxe que, o ditame da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) sobre o incumprimento da regra de gasto no Concello, non fai senón “confirmar todos os nosos avisos e desmontar as falacias do alcalde” sobre a quebra do Auditorio.
 
A líder dos populares cualificou de “ malísima noticia” o previsible incumprimento de dita regula de gasto e do obxectivo de estabilidade como consecuencia da liquidación do Mar de Vigo, tal e como se apunta no devandito informe, algo que achacou á “horrible xestión dun alcalde e dun goberno que nos queren vender o negro, branco”.
 
Non en balde, e como lembra, o Partido Popular alertou durante anos dos riscos derivados dunha quebra que se cobrou xa 70 millóns de
 
euros de diñeiro público -35 en construción e subvencións do complexo e outros 35 no pago do rescate-, e que obriga agora a realizar un plan de reequilibrio que implica a redución de investimentos en Vigo. “Estamos a falar dun quebranto extraordinario para as arcas públicas; queremos que o Concello achéguenos o informe que enviou á autoridade fiscal”, engade.
 
Elena Muñoz denunciou o escurantismo unha vez máis do Concello ao ocultar o informe dirixido á Autoridade fiscal -“pensaban que non nos iamos a decatar?”-, e sinalou que espera que o alcalde “non diga agora que é unha magnífica noticia, como dixo da propia quebra do Mar de Vigo, que practicamente ía ser a custo cero e xa estamos a ver o custo cero”.
 
Neste contexto, a popular indicou que “todo o que se podía facer mal co Auditorio, fíxose mal”, sendo os vigueses os que volven pagar as consecuencias.
 

Falsear as contas

 
Así, lembra, durante anos comprometéronse “decenas de millóns” de todos os veciños nun complexo “que se sabía que ía crebar”. Despois, expón, pagouse un rescate millonario vendéndolle como unha gran noticia, e para iso chegouse mesmo a falsealas contas, computando xa como ingreso a venda do Reitorado a Zona Franca, algo que aínda non se produciu.
 
“Hoxe os vigueses volven perder, como levan anos perdendo co Auditorio. E a nosa pregunta é: que pensa facer o alcalde para solucionalo?”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.