O PP urxe a tomar medidas para “garantir a calidade da auga que beben os vigueses”

O portavoz Alfonso Marnotes sinala que a última sentenza do Contencioso-Administrativo constata que non se realizaron adecuadamente os controis esixibles, privándose aos vigueses de coñecer en todo momento a calidade da auga
Publicado por o día 17/06/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP urxe a tomar medidas para “garantir a calidade da auga que beben os vigueses”

O portavoz popular, Alfonso Marnotes, urxiu hoxe a tomar todas as medidas que sexan necesarias para “garantir a calidade da auga que beben os vigueses”.
 
O popular fixo estas declaracións tras coñecerse unha sentenza do Contencioso- Administrivo número 1 de Vigo que constata que, durante o último episodio de seca vivido na cidade, non se realizaron adecuadamente os controis esixibles, poñendo en risco aos consumidores ao descoñecerse a calidade da auga.
 
Neste sentido, Alfonso Marnotes destacou que, “se Vigo quere liderar e mirar cara ao futuro, ten que ser, primeiro de nada, un Concello transparente”. “A transparencia sempre beneficia aos veciños; e os veciños teñen que ser sempre os primeiro”, incidiu.
 
Para iso, o portavoz popular ha tendido a man ao goberno local para realizar as actuacións necesarias que garantan a calidade da auga, independentemente das condicións climatolóxicas, comezando por a potabilizadora de O Casal. “É imprescindible mellorala, e podemos traballar xuntos para facelo xa”, engade.
 
Marnotes destacou que a calidade dos servizos públicos é “un dos grandes retos do Vigo do futuro que queremos construír”, e avogou pola colaboración entre as administracións para abordalo: “Só así lograremos os mellor para os vigueses”.