O PP visita a zona de Castrelos e constata, novamente, o abandono dos barrios de Vigo por parte de Abel Caballero

A área que rodea a Ponte Romana está totalmente descoidada, sen asfaltar, sen sinalización e con valos que levan anos colocadas
Publicado por o día 05/03/2020 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP visita a zona de Castrelos e constata, novamente, o abandono dos barrios de Vigo por parte de Abel Caballero

O portavoz do grupo municipal do PP, Alfonso Marnotes, e os concelleiros Teresa Egerique, Patricia López e Jesús Marco González, reuníronse cos veciños da zona de Castrelos para constatar o abandono ao que, novamente, ten sometidos Abel Caballero aos barrios de Vigo.

“É unha vergoña. Nestas visitas que estamos a facer repítese sempre o mesmo: para Abel Caballero hai dous Vigos, o do centro e o resto, o Vigo a monte. Lamentable”, afirmou Alfonso Marnotes.

Na área que rodea ao Puente Romano existe un total abandono. Os vehículos aparcan onde poden, non hai sinalización nin horizontal nin vertical, as rúas están cheas de fochancas, sen asfaltar e hai valos que levan anos colocadas. “Hai anos que ninguén do Concello vén por aquí. Á vista está o descoidada que está a zona. E o que é peor, non se atenden as demandas dos veciños”, asegurou o portavoz popular.

Non hai beirarrúas e os veciños teñen que camiñar pola estrada co perigo que isto conleva. Ademais, os pasos de peóns están completamente borrados e apenas se distinguen. “Hai zonas valadas que levan anos así e ninguén se molestou en vir comprobar que pasa nin tan sequera en arranxalas. É de vergoña allea”, engadiu Marnotes.

“É incrible ata onde chegamos: ata o punto de ignorar aos veciños, de non escoitarlles. Abel Caballero ten 20 concelleiros para que? Se ningún pásase polos barrios, ningún fai o seu traballo”, engadiu Alfonso Marnotes.

Fotos da súa visita

Comentar noticia

Your email address will not be published.