O PP volve preguntar ao goberno municipal por que está a tallar todas as árbores de Gran Vía e pídelle ao alcalde que coide o patrimonio natural da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular xa formulou unha pregunta no último pleno que foi respondida cunha concisa mensaxe: “porque están podrecidos”
Publicado por o día 13/08/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

O PP volve preguntar ao goberno municipal por que está a tallar todas as árbores de Gran Vía e pídelle ao alcalde que coide o patrimonio natural da cidade
O PP sabe que esta afirmación non é certa e esíxelle ao alcalde que coide o patrimonio natural da nosa cidade.
 
“Ás árbores hai que coidalos e non cortalos. Queremos que explique por que se chegou a esta situación. Tallou árbores enfermas, pero tamén tallou árbores sas, facéndonos crer que estaban enfermos. Se moitos están podrecidos é porque nos últimos anos non se trataron e fixéronse podas indiscriminadas fóra de tempada para matalos”, explica o portavoz Alfonso Marnotes.
 
“Os veciños de Vigo, en xeral, e da zona de Gran Vía, en especial, non merecen que se lles esquilme o patrimonio natural co que levan convivindo desde hai moitos anos. E, en todo caso, debería buscarse unha solución para que estas árbores sexan transplantados. Aos enfermos o alcalde deixounos morrer e aos sans o alcalde matounos”, conclúe Marnotes.

2 Respuestas a "O PP volve preguntar ao goberno municipal por que está a tallar todas as árbores de Gran Vía e pídelle ao alcalde que coide o patrimonio natural da cidade"

  1. Gamela   14/08/2019 at 8:11

    Aquí o único enfermo é o alcalde… ENFERMO DE PODER !!!

    O PP debera plantarse no xulgado e poñer denuncia por Delito Ecolóxico !!!

    E a cidadanía de Vigo debera ESPERTAR do sono fantasmagórico de AbelCity !!!

    Responder
  2. Gamela   14/08/2019 at 8:17

    Esta enfermedad de un poder que CONTROLA TODO comienza a DAR MIEDO !!!

    https://twitter.com/GamelaNova/status/1161382959829671936

    Del Gran Hermano a la Dictadura sólo hay un pasito muy cortito…?

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.