O PP vota contra solucionar o problema do ancho dos viais do concello

Está de acordo co desastre da licencia de Peinador e co futuro que representa
Publicado por o día 28/09/2018 na sección de BNG,Galicia,Mos,Política

O PP vota contra solucionar o problema do ancho dos viais do concello

Desde o Bng de Mos non deixamos de sorprendernos coa actitude e a aptitude do equipo de goberno. Hoxe quedou claro no debate da moción do Bng para mudar o plan xeral, que o PP está de acordó cos viais estreitos e négase a solucionar problemas coma o que aconteceu en Peinador, onde a licencia dunha vivenda permite facer o muro da casa na estrema do vial.

E esta licenza é legal, por suposto, pero en vez de buscar a raíz do problema , o goberno busca saídas que aínda correctas, non solucionan o problema de fondo.

Moitos viais do noso concello quedaron mal deseñados, cuns anchos que como podemos ver que son fatídicos e un lastre para o futuro desenvolvemento do noso concello. O Bng non fala de todos os viais, tal como demagoxicamente pretendían facer entender os membros do goberno, hai que repasar todos aqueles viais que coarten o crecemento sostible e racional, nin un máis nin un menos.

O PP segue a refuxiarse e escudarse nos técnicos, pero eso non é escusa para ver a realidade do que está acontecendo, os políticos están para algo, entre outras cousas para dar a cara e enfrentarse ao técnicos se fai falla.

Afirmar que non hai posibilidades de evitar novos desastres, é mentir a todos os cidadáns.

É urxente evitar casos coma o que estamos a falar e para eso non se pode facer outra cousa que cambiar o plan xeral. Tal como dixemos no pleno, non pretendemos tirar ao lixo o plan xeral de Mos, que lembremos votamos en contra, somos realistas nas nosas pretensións e polo menos consideramos que pode haber consenso en cambios coma os que plantexamos na nosa moción. Pero o PP non quere recoñecer o obvio, o plan xeral de Mos ten eivas. Eso si, podemos solucionalas, pero para eso hai que ter coraxe político e recoñecer a realidade.

Do resto das nosas peticións da moción, as contestacións que se nos dan son vagas e inconsistentes. Por desgraza quedamos coa certeza de que o PP non ten na súa cabeza un futuro para o concello no ámbito urbanístico. Aos cidadáns hai que facerlles ver que un Mos cun futuro sostible e habitable, pasa por renunciar a corredoiras estreitas e tamén , e esto si que é imprescindible, a políticos de mentalidade minifundista.