O PPdeG afirma que o Consello de Estado avalou hoxe a obriga de comparecer na Comisión do Marisquiño do alcalde e concelleiros de Vigo

O Parlamento galego terá que analizar as consecuencias da inasistencia á Comisión de Investigación daquelas outras persoas que non sendo cargos públicos representativos locais rexeitaron atender a citación da Cámara
Publicado por o día 12/04/2019 na sección de Partido Popular,Política

O PPdeG afirma que o Consello de Estado avalou hoxe a obriga de comparecer na Comisión do Marisquiño do alcalde e concelleiros de Vigo

O deputado do Grupo Popular, Alberto Pazos, considera que o ditame do Consello de Estado coñecido hoxe sobre a obriga dos cargos públicos representativos locais de comparecer en comisións de investigación creadas por parlamentos autonómicos “avala a petición e correspondente obriga de comparecencia do alcalde e os concelleiros de Vigo citados na Comisión de investigación sobre o accidente do Marisquiño”.

O ditame especifica claramente no punto III da súa parte dispositiva “que las comunidades autónomas dotadas de competencia normativa en materia de régimen local pueden establecer dicha obligación de comparecer en comisiones de investigación cuando tengan por objeto asuntos de competencia de la comunidad autónoma”.

Alberto Pazos recorda que “a Comunidade galega ten a competencia sobre o réxime local ao amparo do artigo 149.1.18º da Constitución, como dispón o artigo 27.2º do Estatuto de Autonomía de Galicia, e o propio ditame do Consello de Estado establece, na súa páxina 20, que nestes casos a comparecencia pode ser obrigada ao tratarse dunha comisión de investigación relacionada co ámbito competencial da Comunidade Autónoma”. No caso da comisión de investigación aberta no Parlamento galego do que se trataba era

precisamente de analizar a aplicación da normativa autonómica sobre espectáculos públicos.

Finalmente, o deputado popular salienta que “o ditame se cingue estritamente á obriga de comparecer dos cargos públicos representativos locais, polo que o Parlamento galego terá que analizar as consecuencias da inasistencia á Comisión de Investigación daquelas outras persoas que non estando comprendidas nesta categoría rexeitaron atender a citación da Cámara”.