O PPdeG afirma que Sanidade dotará ao centro de saúde de Navia dunha nova praza de pediatra e enfermería para asumir os nenos atendidos en Coruxo

A deputada Encarna Amigo salientou “as vantaxes que gozarán os pacientes de Coruxo, como liberdade de elección entre catro pediatras, ampliación de horario ou continuidade na atención todos os días
Por o 27/06/2018 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Sanidad,Vigo
O PPdeG afirma que Sanidade dotará ao centro de saúde de Navia dunha nova praza de pediatra e enfermería para asumir os nenos atendidos en Coruxo

A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo afirmou hoxe no Parlamento que a Consellería de Sanidade ten previsto dotar ao centro de saúde de Navia cunha nova praza de pediatra e enfermería para asumir aos nenos que actualmente son atendidos no centro de saúde de Coruxo.

Encarna Amigo lembrou que Coruxo “dista apenas tres quilómetros do centro de saúde de Navia, polo que non afectaría practicamente en nada aos seus usuarios e, ademais, gozarían de vantaxes como liberdade de elección entre os catro pediatras que terá o centro de saúde de Navia; a ampliación da franxa horaria ao horario de mañá e tarde; a posibilidade de facer unha atención en equipo nos casos complexos; e unha garantía de continuidade na atención pediátrica todos os días do ano”.

Así mesmo, a deputada popular negou que o centro de saúde de Navia “estea masificado, porque existe espazo e consultas libres, incluso na área de pediatría”.

Amigo criticou “a demagoxia que utiliza a oposición cun problema tan serio como é a sanidade”, polo que considerou “importante facer pedagoxía, con campañas informativas á poboación e non campañas de desinfirmación e alarmando á poboación”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.