O PPdeG asegura que a prioridade da Xunta con Vulcano é velar pola continuidade da actividade industrial e os dereitos dos traballadores

Teresa Egerique afirmou que “temos que afrontar este problema desde a situación real de que a débeda xerada polo estaleiro condiciona a chegada dun novo inversor”

A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, asegurou hoxe no Parlamento que “o compromiso da Xunta co sector naval é indiscutible e no caso concreto de Vulcano ten demostrado con feitos que a súa prioridade é velar tanto pola continuidade da actividade industrial como polos dereitos dos traballadores”.

Teresa Egerique manifestou que “o que non fai a Xunta é dar falsas esperanzas, porque temos que ser realistas e afrontar este problema desde a situación real de que a débeda xerada polo estaleiro condiciona a chegada dun novo inversor”.

SEGUIR TRABALLANDO

“Cremos que hai que seguir traballando conxuntamente na busca de oportunidades encamiñadas a dar visibilidade ao estaleiro de Vulcano, e por iso seguiremos defendendo a actividade naval nas súas instalacións”, sinalou a portavoz popular.

Egerique salientou que, “logo do tax lease e da feroz crise para os estaleiros privados na que nos meteu o comisario socialista Almunia, Galicia lidera hoxe a construción naval en España, con 37 dos 50 buques pedidos no primeiro semestre de 2019; acadamos en 2018 o mellor dato de novos contratos asinados nos últimos anos; e a Xunta destina máis de 50 millóns de euros a consolidar o crecemento do sector naval galego”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM