O PPdeG critica que os socialistas pidan un 5% máis de presuposto para atención primaria cando os orzamentos da Xunta xa recollen un 9%

O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez, criticou hoxe no Parlamento que os socialistas galegos “pidan no Pleno un incremento do 5 por cento no orzamento para atención primaria sanitaria cando os orzamentos da Xunta para 2020 xa recollen un incremento do 9 por cento”.
Publicado por o día 12/11/2019 na sección de Partido Popular,Política

O PPdeG critica que os socialistas pidan un 5% máis de presuposto para atención primaria cando os orzamentos da Xunta xa recollen un 9%

O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez, criticou hoxe no Parlamento que os socialistas galegos “pidan no Pleno un incremento do 5 por cento no orzamento para atención primaria sanitaria cando os orzamentos da Xunta para 2020 xa recollen un incremento do 9 por cento”.

“Deixen traballar aos expertos e profesionais sen interferencias políticas, porque desde o PPdeG imos esperar polas súas conclusións para a mellora e desenvolvemento do Plan de Atención Primaria”, sinalou.

Aurelio Núñez lembrou que os orzamentos da Xunta para 2020 “recollen un orzamento para atención primaria de case 1.300 millóns de euros, o que supón unha suba do 9 por cento, sen ter en conta os gastos de prestación farmacéutica”. Así mesmo, inclúen un incremento das 102 prazas comprometidas no Plan Galego de Atención Primaria, o crecemento histórico das prazas MIR de familia, pediatría e enfermería especialista; e manter o contrato de continuidade para médicos de familia e enfermería de primaria e hospital

Comentar noticia

Your email address will not be published.