O PPdeG reitera a plena disposición da Xunta para manter o diálogo e buscar unha solución aos problemas de Muebles Hermida

A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez reiterou hoxe no Parlamento “a plena disposición do PPdeG e da Xunta de Galicia para manter o diálogo aberto cos empresarios, os empregados e, de ser o caso, co administrador concursal da empresa Muebles Hermida de cara a buscar a mellor solución posible que permita manter a actividade industrial e o emprego”.
Publicado por o día 06/02/2020 na sección de Partido Popular,Política

O PPdeG reitera a plena disposición da Xunta para manter o diálogo e buscar unha solución aos problemas de Muebles Hermida

Sandra Vázquez subliñou que “este apoio aos traballadores de Muebles Hermida é o mesmo que desde o Goberno galego se está a prestar aos milleiros de empregos industriais que neste momento están en perigo, en empresas como Alcoa, a central de As Pontes, o estaleiro de Navantia, Ence ou os afectados pola modificación da Lei de Costas”.

POLÍTICA INDUSTRIAL INEXISTENTE

“A inexistente política industrial, xunto coa inestabilidade do Goberno de Pedro Sánchez, están a xerar unha enorme desconfianza e incerteza que xa se está a notar, ocasionando unha desaceleración económica significativa”, sinalou.

A deputada popular lembrou que “a Xunta dispón dun paquete de apoio ás empresas e traballadores afectados polo actual momento de inestabilidade, que inclúe un novo programa de axudas para traballadores afectados polos EREs, dotado con catro millóns de euros, acordado dentro do diálogo social con patronal e sindicatos”.