O PPdeG reitera que a Xunta estivo e está en contacto coa empresa e o Comité de Empresa de Bosch Services en Vigo para preservar os dereitos dos traballadores

Por o 27/03/2019 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
O PPdeG reitera que a Xunta estivo e está en contacto coa empresa e o Comité de Empresa de Bosch Services en Vigo para preservar os dereitos dos traballadores

O deputado do Grupo Popular Moisés Rodríguez Pérez reiterou hoxe no Parlamento que “a Xunta estivo e está en contacto permanente cos representantes da empresa e do Comité de Empresa de Bosch Service de Vigo co obxectivo de preservar os dereitos dos traballadores para que o procedemento do ERE aprobado se leve adiante cumprindo todos os requisitos legais”.

Moisés Rodríguez manifestou que a Xunta, “unha vez aprobado o ERTE por parte da compañía, fará un seguimento do regulamento de emprego para velar polo seu cumprimento e polos dereitos dos traballadores desta empresa localizada en Vigo”.

“Tanto desde a Xunta como desde o PPdeG imos seguir do lado de todos os axentes do tecido produtivo galego, como temos feito sempre na procura do mellor mercado laboral para Galicia con empregos de calidade”, indicou o deputado popular. Neste sentido, apuntou que “a máxima prioridade son os traballadores, e así llo trasladou a Xunta ao Comité de Empresa”.

Rodríguez Pérez lamentou “a utilización electoralista dos conflitos laborais por parte dos grupos da oposición, xa que rexeitaron que se puidera aprobar no Parlamento unha proposición conxunta en apoio dos traballadores afectados polo ERTE da empresa Bosch Services, ao tempo que se demandaba á Xunta que manteña unha posición activa de mediación entre a dirección da empresa e os empregados”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.