O Premio Martín Códax da Música, Roberto Oliveira, ofrece sesións didácticas e un concerto en Mos

O Concello promove ambas iniciativas impartíndose os obradoiros educativos hoxe no IES e celebrándose o espectáculo musical mañá no Centro Dotacional de Torroso
Por o 03/11/2018 | Sección: Galicia,Mos
O Premio Martín Códax da Música, Roberto Oliveira, ofrece sesións didácticas e un concerto en Mos

Roberto Oliveira, percusionista especializado en percusión, música electrónica (música electroacústica) e arte visual, natural do Concello de Salceda de Caselas, ofreceu unhas sesións didácticas ao alumnado do IES de Mos hoxe venres 2 de novembro; e mañá 3 de novembro, sábado, dará un concerto no Centro Dotacional de Torroso.

Para o alumnado de secundaria, Oliveira impartiu dúas sesións didácticas de “música electroacústica con medios visuais” organizadas e promovidas polo Concello de Mos.

Roberto Oliveira  foi finalista nos IV e gañador dos V Premios Martín Códax da Música, e está considerado un dos artistas mais creativos, atrevidos e innovadores do panorama musical contemporáneo.

Os obxectivos destas dúas iniciativas que teñen a Oliveira como protagonista e mestre de ceremonias son por unha banda achegar ao alumnado de secundaria a percusión e música electrónica e a arte visual, e crear espazos de relación entre o alumnado, potenciando a interacción social entre eles/as a través da música; e por outra banda, promover a percusión como unha actividade lúdica ao mesmo tempo que unha actividade que conta cun gran potencial educativo e creativo; e transmitir a través da música electrónia e as artes visuais a aprendizaxe de valores sociais básicos como son a tolerancia, o respecto, os hábitos saudables, a importancia das relacións sociais e a boa convivencia…

As sesións didácticas impartidas no Instituto foron destinadas ao alumnado dos cursos de  2º e 3º da ESO e durante as mesmas abordaron o uso do programa de grabación e edición de son Reaper, o programa de edición deimaxe Final Cut e fixeron grabación e realización con teléfono móbil de un pequeño videoclib. Tamén aprenderon a manipulación sonora do vibráfono con obxetos non convencionais (moedas, cadenas, arcos de violín…) e interpretaron varias pezas musicais para percusión, electrónica e arte visual sincronizado.

O concerto no auditorio do Centro Dotacional de Torroso celebrarase mañá ás 21.00 horas con entrada libre e de balde.

 

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.