O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo participa no IV Foro Rexional de Sustentabilidade do Atún en Ecuador

O Porto de Vigo estará presente no IV Foro Rexional de sustentabilidade do Atún que se celebra en Manta os días 20 e 21 de xuño
Por o 21/06/2019 | Sección: Galicia,Mar,Vigo
O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo participa no IV Foro Rexional de Sustentabilidade do Atún en Ecuador
Compartir en:
O Porto de Vigo participa estes días no IV Foro Rexional de Sustentabilidade do Atún, organizado pola Cámara Ecuatoriana de Industriais e Procesadores Atuneros (CEIPA) en colaboración coa FAO e que ten lugar na localidade de Manta.
 
O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga ofrecerá un relatorio sobre a Implementación de Medidas do Estado Reitor do Porto destinadas a Previr, Desalentar e eliminar a Pesca Ilegal, non Declarada e non Regulamentada para impedir a introdución do Peixe Ilegal no comercio Internacional.
 
As medidas desenvoltas atópanse dentro da Estratexia de Internacionalización do Plan Blue Growth e de reforzar os lazos con terceiros países que se puxo en práctica cos acordos de FAO en formación a inspectores de pesca de América Latina e África, e coa creación dunha Guía de Boas Prácticas de portos pesqueiros azuis que se creou hai unhas semanas en Vigo.
 
O Porto de Vigo está a facer un gran esforzo na aposta pola trasparencia e loita contra a pesca ilegal, coa implantación do programa Gespesca e a posta en marcha do proxecto TTSQ, que garante que o porto pesqueiro de Vigo e as súas lonxas sexan un modelo de Trasparencia, Trazabilidad, Sustentabilidade e Calidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.