O presidente do Parlamento convoca aos portavoces dos grupos parlamentarios para as consultas previas á designación de candidato á Presidencia da Xunta

Publicado por o día 19/08/2020 na sección de BNG,Galicia,Partido Popular,Política,PSOE

O presidente do Parlamento convoca aos portavoces dos grupos parlamentarios para as consultas previas á designación de candidato á Presidencia da Xunta

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, vén de convocar, a través dunha carta remitida esta mañá, aos portavoces dos grupos parlamentarios para a celebración da rolda de consultas que concluirá coa proposta de candidato á Presidencia da Xunta de Galicia.
A rolda de consultas celebrarase o vindeiro luns, 24 de agosto, a partir das 10,30 horas. Na primeira das reunións, Santalices Vieira recibirá ao representante do PSdeG-PSOE, seguido do BNG (11,00 h) e do PPdeG (11,30 h.).
Esta rolda de consultas responde ao establecido no artigo 136.1 do Regulamento do Parlamento de Galicia, que sinala o seguinte: “O presidente do Parlamento, consultados os representantes designados polos partidos ou polos grupos políticos con representación parlamentaria, propoñerá de entre os membros do Parlamento un candidato á Presidencia da Xunta. A proposta deberá formularse como máximo no termo de trinta días desde a constitución do Parlamento ou o cesamento do presidente”.
Previsión de actividades do presidente do Parlamento de Galicia para o luns 24 de agosto de 2020 – Parlamento de Galicia
· 10,30 h.- Reunión co representante do PSdeG-PSOE.
· 11,00 h.-  Reunión coa representante de BNG.
· 11,30 h.-  Reunión co representante do PPdeG.

Comentar noticia

Your email address will not be published.