O préstamo on line de audiovisuais para bibliotecas chega a Vigo

Publicado por o día 17/04/2019 na sección de Galicia,Vigo

O préstamo on line de audiovisuais para bibliotecas chega a Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, implementou un innovador servizo de streaming audiovisual nunha das bibliotecas de Vigo, a Neira Vilas. Ademais da de Torrelodones, é a única dun concello de España que conta con esta plataforma (Efilm). Grazas a ela, os usuarios da biblioteca contan con 27.400 títulos para poder escoller. Non é necesario a súa descarga, xa que se poden ver en streaming. Este servizo ten como único requisito ser socio da biblioteca en cuestión e ter polo menos 15 anos. Se cumpres estes mínimos poderás gozar diso 24 horas ao día e 365 días ao ano, de forma balde.

A plataforma chámase Efilm, e é pioneira no préstamo orientado exclusivamente a bibliotecas, de cinema, concertos, series, cursos, documentais, curtos… Unha vez que xa sexas socio da biblioteca Neira Vilas, o seguinte paso é inscribirche en Efilm Vigo. Isto hai que solicitalo previamente e cando sexa tramitado, o usuario recibirá as credenciais no seu email para poder comezar a gozar do servizo.

A única restrición que ten é a dispoñibilidade dun máximo de 72 horas para consumir o contido desexado, pero iso se, de forma ilimitada durante ese tempo. Doutra banda, non existe un límite de préstamos para un mesmo contido ou usuario.