O primeiro autobús de VITRASA do ano 1968 retoma as rúas de Vigo nunha viaxe conmemorativa

VITRASA celebra o seu 50 aniversario restaurando o ‘Cometa’, un dos autobuses pertencentes a primeira frota que se presentou en Vigo no ano 1968
Publicado por o día 25/06/2018 na sección de Galicia,Vigo

O primeiro autobús de VITRASA do ano 1968 retoma as rúas de Vigo nunha viaxe conmemorativa

Onte, 24 de xuño, no marco das accións previstas para festexar o 50 Aniversario de VITRASA tivo lugar unha viaxe conmemorativa polas principais rúas da cidade do autobús histórico, máis coñecido como ‘Cometa’, pertencente á primeira frota de 33 vehículos que se presentou na cidade en Xullo de 1968. “Estes 50 anos supoñen un novo hito la historia de VITRASA. Para nos, é un orgullo o ver como unha compañía do Grupo Avanza logrou converterse nunha parte inherente da vida dunha das cidades máis grandes de Galicia”, asegurou Valentín Alonso, director xeral do Grupo Avanza.

Despois de percorrer unha distancia de 15 kilómetros, desde a sede VITRASA ata o centro da cidade, a unha velocidade media de 30 km/h o autobús chegou a Praza Porta do Sol onde quedou estacionado á vista e curiosidade dos cidadáns e turistas. “Os autobuses da cidade de Vigo sempre estiveron á vangarda da tecnoloxía do momento, incluso estes primeiros ‘PEGASOS’. Actualmente teñen ordenadores de a bordo, motores Euro 6000 diésel máis respectuosos co medio ambiente, sistemas de control e coordinación en tempo real, Wi-Fi, cargadores USB, cámaras no interior, etc.”, asegurou José Antonio Pérez, director xeral de Mobility ADO. “Os nosos autobuses teñen a certificación ISO en Calidad e Medio Ambiente e son 100% accesibles para persoas minusválidas. Ademais temos unha das frotas máis modernas de España cunha idade media de catro anos”, completou Juan Carlos Villarino, director xeral de VITRASA.

Ao acto asistiron o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o concelleiro de Fomento, David Regades; a concelleira de transportes e Proxectos Estatais Europeos, Ángeles Marra; o director Xeral e o director xeral adxunto de Mobility ADO, José Antonio Pérez e Aurelio Pérez; o director xeral e o director de Relacións Institucionais e Comunicación de Avanza, Valentín Alonso e Íñigo Prado e o director xeral de VITRASA, Juan Carlos Villarino.

50 anos de historias

Neste 2018, cúmprese medio século dende que en 1968 o Concello de Vigo otorgara a concesión a Vitrasa para a implantación e explotación do servizo de transporte público de viaxeiros na cidade de Vigo. “Das 4 liñas de largo recorrido coas que VITRASA iniciou o servicio, hoxe son 33; e o mesmo ocorre co número de vehículos: pasaron de 33 a 136, unha evolución moi palpable”, dixo Juan Carlos Villarino.

Proximamente tense prevista unha exposición itinerante que percorrerá todos os barrios de Vigo na que os cidadáns poderán lembrar a historia desde os inicios “dunha compañía que leva 50 anos ao servicio dos viguesas e das viguesas, adaptándose as súas necesidades e tratando de mellorar cada día para satisfacer as súas demandas e sempre mantendo como valor o servicio e compromiso coa cidade de Vigo”, asegurou Juan Carlos Villarino, director xeral de VITRASA.