A primeira acción será unha concentración de delegados e delegadas fronte á Consellaría de Educación, o próximo xoves, día 13 de novembro, ás 11:30 horas.
A vindeira semana, o xoves 21, haberá concentracións de profesorado nas sete cidades, a partir das 19:30 horas.
Se non houber resposta positiva por parte da Consellaría, o profesorado galego está chamado á folga de aquí a un mes, o xoves 12 de decembro.
Redución do horario lectivo, non do laboral
Os sindicatos insisten en que as demandas do profesorado son «xustas». Ademais, aclaran que non están a pedir unha redución do horario laboral, senón do lectivo. Isto permitiría usar máis horas para tratar cuestións organizativas e dar unha atención personalizada ao alumnado.
A secretaria xeral de CCOO-Ensino, Luz López, coida unha «falta de respecto» que a Xunta teime en non tratar esta cuestión, xa que a Administración galega foi das primeiras en acometer recortes en todo o Estado, mentres que na recuperación de dereitos «vai a remolque». A dirixente sindical insta a Consellaría de Educación a «tomar nota» doutros Gobernos autonómicos que xa iniciaron ou mesmo remataron o proceso de recuperación do horario lectivo previo ás modificacións do 2012.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.