O programa “Caldelas Viaxa” refórzase este ano e arranca cunha excursión de fin de semana a Asturias

Crece ata chegar as 8 saídas e esquiva o período preelectoral
Por o 06/02/2019 | Sección: Galicia,Ponte Caldelas
O programa “Caldelas Viaxa” refórzase este ano e arranca cunha excursión de fin de semana a Asturias

A cuarta edición do programa “Caldelas Viaxa” arranca con forza neste ano e prepara xa unha excursión, dunha fin de semana completa, con noite incluída, a diversos enclaves turísticos de Asturias.

O Goberno local, integrado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, ten pechados case todos os detalles dun programa xa moi maduro e que move preto de 2.000 persoas por ano. Máis aínda nunha nova edición na que o número de saídas crece dende as seis anteriores ata oito.

O Concello comeza este ano moi cedo para esquivar todo o período previo ás Eleccións Municipais e así renuncia a organizar ningunha saída ao longo dos meses de marzo e abril. Por este motivo, a primeira saída está convocada para a fin de semana do 30 e 31 de marzo próximos. A ruta será por Xixón (onde farase noite nun hotel de tres estrelas), Llanes, Ribadesella e Covadonga.

O prezo será de 60 euros por persoa en habitación dobre. O Concello faise cargo de tódolos gastos de transporte, seguros e visitas.

O prazo de reserva ábrese o próximo martes, día 12 en horario de 9 a 14 horas no propio Concello. Hai un total de 150 prazas e só se recollerán seis solicitudes por persoa garantir un reparto xusto e equitativo entre toda a veciñanza. Para formular a solicitude é necesario estar empadroado/a en Ponte Caldelas e facelo ingreso.

O equipo de goberno está pechando os destinos das sete excursións restantes das que cinco serán a novos destinos e dúas repetirán algúns dos dos anos anteriores nos que,  diante do elevado número de solicitudes recibido, quedou xente excluída.

A coincidencia co período electoral obrigará a axustar especialmente as datas. Así, prevese que a segunda saída sexa no mes de xuño e, a partir de aí, procurando evitar coincidencias con outras actividades locais, irán debullándose as distintas excursións ata o mes de decembro incluído.

Comentar noticia

Your email address will not be published.