O programa de detencción precoz do cancro de mama pon un transporte de balde para todas as mulleres de Tomiño que teñan cita en Vigo

O bus sae de Tomiño e chega á unidade de exploración mamográfica sita na casa do mar, na rúa Beiramar, e fai tamén a viaxe de regreso
Publicado por o día 29/01/2019 na sección de Galicia,Tomiño

O programa de detencción precoz do cancro de mama pon un transporte de balde para todas as mulleres de Tomiño que teñan cita en Vigo

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama pon a disposición de todas as mulleres tomiñesas un sistema de transporte de balde, co fin de facilitarlles o acceso dende o Concello de Tomiño até a Unidade de Exploración Mamográfica, sita na Casa do Mar de Vigo (rúa Beiramar, 51-2ª planta, e tamén a viaxe de regreso.

Dependendo da hora que se teña a cita, poderá facerse uso do bus, tendo en conta as paradas e horarios que a continuación se especifican:

. Goián (diante do Campo de Fútbol): 08.00 e 11.30 horas.

. Tomiño (aparcadoiro de Servizos Sociais – Antigo Centro de Saúde): 08.10 e 11.40 horas.

. Currás (diante do Campo de Fútbol): 08.20 e 11.50 horas.