O Programa Deportivo Escolar bate records de participación na súa decimoquinta edición

O Programa Deportivo Escolar bate records de participación na súa decimoquinta edición, e consolídase como un referente na promoción do deporte base nos centros educativos da vila; máis dun 30% da comunidade escolar de infantil e primaria está inscrita en algunha das actividades.
Por o 15/10/2018 | Sección: Cangas,Galicia
O Programa Deportivo Escolar bate records de participación na súa decimoquinta edición

O luns, día 1 de outubro, arrancou unha nova edición (15) do PROGRAMA DEPORTIVO ESCOLAR, que abarcará dende o 1 de outubro ata o 31 de maio de 2019. A actividade desenrolarase nos diferentes centros escolares da vila e nas instalacións deportivas dos propios clubs.

En total inscribíronse 886 nenos/as distribuidos da seguinta forma:
ATLETISMO 29
TENIS 58
BALONCESTO 24
TENIS MESA 14
CICLISMO 12
VELA 11
PATINAXE 303
VOLEIBOL 34
PIRAGÜISMO 17
WINDSURF 14
PSICOMOTRICIDADE 11
XADREZ 38
TAEKWONDO 184
XIMNASIA (acrobática) 137

**AINDA EXISTE A POSIBILIDADE DE ANOTAR AOS NENOS/AS NAS ACTIVIDADES QUE TEÑAN PRAZA LIBRE.

O Programa Deportivo Escolar, é un dos principais referentes municipais na organización e programación de actividades para os nenos/as de Cangas. Trátase dun conglomerado de actividades deportivas extraescolares que se ofertan dende a Concellaría de Deportes para os nenos/as de educación infantil e primaria, dos 10 centros educativos do Concello de Cangas.

As actividades son impartidas polos monitores responsables dos propios clubs deportivos do municipio, xa que o obxectivo principal deste programa é dar a coñecer a actividade nos colexios e, se lles gusta, que o seu tránsito a un club sexa máis sinxelo.

A día de hoxe xa son moitos os nenos/as que comezaron nas Escolas Deportivas da Concellaría, e que co paso dos anos conseguiron grandes resultados deportivos a nivel autonómico e nacional na súas respectivas modalidades.

Dende a Concellaría de Deportes agradecer a enorme colaboración das ANPAS, CENTROS ESCOLARES e CLUBS do municipio, sen a cal sería moi compricado levar a cabo este Programa Deportivo Escolar.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.