O programa municipal VigoEmprega contrata a 238 profesionais

O alcalde visitou este martes aos 132 traballadores da primeira quenda, aos que se engadirán outros 106 que comezarán en próximos días. Abel Caballero puxo en valor un programa que conxuga emprego coa transformación da cidade.
Publicado por o día 30/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O programa municipal VigoEmprega contrata a 238 profesionais

O VigoEmprega conta con dúas quendas de contratos que totalizan finalmente emprego para 238 profesionais, segundo explicou este martes Abel Caballero, quen mantivo un encontro con traballadores no parque central de Santa Cristina.

O VigoEmprega supón un contrato para persoas desempregadas e ademais obras na cidade, principalmente melloras en colexios, beirarrúas no rural e actuacións nos parques e xardíns da cidade. O orzamento deste proxecto ascende ao millón e medio de euros.

O alcalde explicou que o VigoEmprega é un dos proxectos de creación directa de emprego dos que dispón o goberno de Vigo. Ademais, Caballero recordou o traballo xerado a través da obra pública que promove o goberno de Vigo.