O programa Ponte Caldelas Termal levará aos maiores de 50 anos a relaxarse ás Termas de Cuntis

A actividade é para persoas empadroadas no Concello de Ponte Caldelas, que só pagan unha entrada reducida ao complexo termal
Publicado por o día 09/01/2020 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

O programa Ponte Caldelas Termal levará aos maiores de 50 anos a relaxarse ás Termas de Cuntis

O Concello de Ponte Caldelas pon en marcha o programa Ponte Caldelas Termal 2020 e faino nas mesmas condicións que na pasada edición. As persoas maiores de 50 anos poderán disfrutar de dúas horas á semana nas Termas de Cuntis ao prezo reducido de 56 euros e con transporte gratuíto dende o centro de Ponte Caldelas ata o complexo termal de Cuntis.

Poderán participar as persoas empadronadas no concello que teñan máis de 50 anos e para participar hai que inscribirse no Concello de Ponte Caldelas entre o 20 e o 31 de xaneiro. O programa Ponte Caldelas Termal desenvolverase os días 6, 13, 20 e 28 de febreiro e permitirá que 54 persoas do municipio poidan disfrutar de dúas horas de descanso, relax e benestar nas augas mineromedicinais do circuito lúdico-termal do Balneario de Cuntis.

Comentar noticia

Your email address will not be published.