O PRUX do Parque Nacional das Cíes NON se cambia para contentar ás navieiras

Segundo novas de prensa “A Xunta quere prolongar a tempada alta nas illas Cíes ata o 15 de outubro. O Goberno galego pedirá ao español mudar o período de visitas para compensar as perdas das navieiras e o sector por culpa da pandemia”.

Segundo novas de prensa “A Xunta quere prolongar a tempada alta nas illas Cíes ata o 15 de outubro. O Goberno galego pedirá ao español mudar o período de visitas para compensar as perdas das navieiras e o sector por culpa da pandemia”.

O PRUX do Parque Nacional ordena…

Á vista destas sorprendentes novas, a Sociedade Galega de Historia Natural ven de “lembrarlle” á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que o “DECRETO 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia” establece:

  • “Enténdese por tempada alta o período transcorrido desde o 15 de maio ata o 15 de setembro (ambos os dous incluídos), así como a Semana Santa”.
  • “De acordo co estudo de capacidade de carga efectuado no parque nacional, os limiares establecidos garanten un uso racional e sustentable do patrimonio natural, sen causar un desequilibrio ecolóxico nin unha afección significativa sobre os compoñentes da biodiversidade.
  • “O Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia terá una vixencia de 10 anos… O plan poderá ser revisado con anterioridade ao seu vencemento, por iniciativa da consellería competente en materia de conservación do patrimonio natural, ao abeiro do artigo 41.1 da Lei 9/2001, cando se produzan episodios ambientais imprevistos de orixe natural ou antrópica que afecten á integridade do medio e desborden as medidas previstas no presente plan reitor.”

… e as navieiras teñen que obedecer

Polo tanto, a modificación ou revisión do PRUX do PNMT das Illas Atánticas de Galicia terá que facerse por medio dun novo PRUX e o único motivo previsto para facelo con anterioridade ao seu vencemento NON contempla en absoluto que poida ser para “para compensar as perdas das navieiras” que, ademais, no verán de 2017 estiveron implicadas nun escandalosa sobrevenda de billetes respecto aos cupos autorizados.

En consecuencia, Sociedade Galega de Historia Natural ven de reclamar á Consellería de Medio Ambiente que cumpra e faga cumprir o PRUX do Parque Nacional e, polo tanto, non modifique nin solicite ao goberno central a modificación do periodo de tempada alta. NON se pode beneficiar a unhas navieiras privadas en detrimento do interese de conservación e mellora do patrimonio natural colectivo, cun risco de “causar un desequilibrio ecolóxico” ou “unha afección significativa sobre os compoñentes da biodiversidade”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM