O PSdeG esixe ao ADIF a retirada do vagón tirado ao río Sil e a restitución dos danos causados

Publicado por o día 04/08/2020 na sección de Política,PSOE

O PSdeG esixe ao ADIF a retirada do vagón tirado ao río Sil e a restitución dos danos causados

O PSdeG esixiu hoxe ao ADIF a retirada do vagón tirado ao río Sil e a restitución dos danos medioambientais causados.

Ademais, o PSdeG reclamou que se avalíe a situación dos outros vagóns que permanecen na beira da vía do tren logo do descarrilamento o pasado domingo, e que se retiren tomando todas as medidas de seguridade ambiental precisas.

“É incomprensible”, profundaron os socialistas galegos, que a recuperación dos vagóns non se leve a cabo seguindo procedimentos que non impliquen danos para o medio e para a seguridade ferroviaria.

Por iso, recalcaron que agora o prioritario é levar a cabo a recuperación do vagón tirado ao río Sil, restaurar os danos provocados nas augas e no ecosistema e retirar canto antes o resto dos vagóns que se atopan xunto á vía.

Comentar noticia

Your email address will not be published.