O PSdeG incorpora á ex-conselleira de Sanidade e a 50 expertos ao seu comité asesor sobre o covid: “Imos deseñar unha sanidade pública máis forte tras unha década de recortes e privatizacións”

O secretario xeral perfila un modelo sanitario con “máis persoal e máis estable, próximo á cidadanía e cunha nova atención primaria para a próxima década”
Publicado por o día 26/04/2020 na sección de Coronavirus,Política,PSOE

O PSdeG incorpora á ex-conselleira de Sanidade e a 50 expertos ao seu comité asesor sobre o covid: “Imos deseñar unha sanidade pública máis forte tras unha década de recortes e privatizacións”

secretario xeral, Gonzalo Caballero, destacou hoxe a importancia da sanidade pública na loita contra a covid-19 e, nese senso, chamou a “fortalecer” o sistema para loitar contra esta pandemia e para “dar a mellor resposta” ante a evolución da crise.

Para iso, como detallou Gonzalo Caballero, o PSdeG configurou un comité asesor en materia sanitaria con 50 expertos no eido sanitario e na xestión pública e no que se incorpora tamén quen fora conselleira de Sanidade, María José Rubio.

“Tras una década de recortes, privatizacións e precarización do emprego no sistema público de saúde, é hora de fortalecer a nosa sanidade”, defendeu o líder dos socialistas galegos, e recalcou que “temos que dotar a Galicia da mellor resposta sanitaria para defender a saúde da cidadanía”.

“Imos deseñar unha sanidade máis forte, con máis persoal e máis estable, máis próxima á cidadanía e cunha nova atención primaria para a vindeira década”, comprometeu Gonzalo Caballero, quen sinalou tamén a importancia de “fortalecer a formación e a investigación”.

Fronte a isto, o secretario xeral dos socialistas galegos sinalou que a receita de Feijóo de teleasistencia e consultas telefónicas para atención primaria é “insuficiente e carece de modelo”.

“A SANIDADE PÚBLICA QUE QUEREMOS”

É por iso que o obxectivo do comité asesor en materia de sanidade pública do PSdeG e traballar “para dar a mellor resposta dende a Xunta e construír o sistema de saúde que queremos todos os galegos”, en palabras do máximo dirixente do PSdeG.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero recordou que ao longo do último mes o PSdeG formuloulle a Feijóo un plan para incorporar máis persoal ao Sergas e para facelo con mellores condicións laborais, e lamentou que Feijóo preferira perpetuar o modelo actual de “temporalidade e precariedade”.