O PSdeG reclama á Xunta “unha nova política forestal” porque “Galicia arde” de novo este verán e o cambio climático “agravará o problema”

Pablo Arangüena lamenta que o goberno galego “nin escoita nin atende as reclamacións do persoal forestal e as conclusións do grupo de expertos”
Publicado por o día 10/08/2020 na sección de Política,PSOE

O PSdeG reclama á Xunta “unha nova política forestal” porque “Galicia arde” de novo este verán e o cambio climático “agravará o problema”

O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, reclamou hoxe á Xunta que poña en marcha “unha nova política forestal” ante a constatación de que, outro verán máis, “Galicia arde” e de que “o cambio climático agravará cada vez máis o problema dos incendios”.

Fronte a este feito, o dirixente socialista criticou que o goberno galego “nin escoita nin atende” as reclamacións do persoal forestal, que pide aumentar as medidas de prevención ao longo de todo o ano, e as conclusións do grupo de expertos do Parlamento, que formula un reforzo do modelo de prevención e extinción.

“Os incendios non son culpa da Xunta, pero é a súa responsabilidade afrontar este grave problema e non o está facendo como debera”, incidiu Arangüena, quen lamentou que o lume chegara un ano máis á Reserva da Biosfera Gerês-Xurés e a perda dunha vida humana nas tarefas de extinción.

Por iso, o vicesecretario xeral do PSdeG subliñou que “o lume non se afronta limitándose a repetir cada ano a letanía de que os incendios forestais son intencionados”. “A Xunta -profundou- ten que deseñar unha nova política forestal, con máis medios, máis persoal e máis traballo de prevención”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.