O Psoe de Mos convida a un encontro para falar de medio ambiente

Dende o Partido Socialista están a organizar unha mesa sectorial na que se debatera arredor do tema do medio ambiente, xa que cos últimos feitos acontecidos no municipio consideran que é un tema que afecta as veciñas e veciños do municipio, así como de interese xeral.

Preséntana como unha xornada na que falar dos diversos aspectos que engloba o tema de medio ambiente e no que os asistentes poderán interactuar cos poñentes.

O acto está programado para o vindeiro mércores 27 de marzo ás 20 horas no multiusos de As Pozas, e contarán coa visión local de alcaldesas e alcaldes coma Eva Garcia de la Torre de Porriño, Carlos Iglesias da Illa de Arousa e Juan Antonio González de Nigrán, tamén con Patricia Vilán, parlamentaria autonómica.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM