O Punto Limpo de Tui conta cun contedor específico para a recollida de xiringas e agullas de uso domiciliario

Dende esta semana o Punto Limpo, situado en Guillarei, conta cun contedor para a recollida xiringas e agullas de uso domiciliario. Aqueles pacientes que por tratamentos diversos precisan empregar agullas e xiringas dun só uso poden depositalas no Punto Limpo.  Para iso deberán solicitar cita previa no 629 70 64 36 e cando acudan comunicar ao persoal desta instalación o tipo de material que van depositar, de tal xeito que lles achegará o contedor correspondente para que eles mesmos o poidan depositar no interior.

Deste xeito o Concello de Tui continua a brindar servizos entorno a recollida de lixo, neste caso prestando a recollida deste tipo de produtos.

Convén recordar que o Punto Limpo abre de luns a venres de 8.30 a 14 h e os sábados de 9 a 13 h, pero sempre solicitando cita previa no 629 70 64 36.

Por outra parte lémbrase que tanto as luvas coma as máscaras débense tirar ao lixo no interior dunha bolsa depositada a súa vez na bolsa do lixo dirixida ao contedor verde.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM