O PXOM de Mos, totalmente blindado tras non ser admitido polo Tribunal Supremo o recurso da “Fonte da Portela”

Publicado por o día 10/12/2020 na sección de Galicia,Mos

O PXOM de Mos, totalmente blindado tras non ser admitido polo Tribunal Supremo o recurso da “Fonte da Portela”

O tribunal supremo do contencioso administrativo da por finalizado o pleito do recurso de casación preparado pola entidade Fonte da Portela (unha das comunidade de propietarios das naves situadas no polígono do Rebullón)

O tribunal supremo non admitiu a trámite o recurso de casación preparado pola representación procesal da entidade e que pretendía anular o Plan Xeral de Mos, aprobado no ano 2017, facendo referencia á inexactitude dos límites co Concello de Vigo.

Con esta sentencia dase por concluido o trámite xudicial que pretendía anular o Plan Xeral mosense, quedando de este modo o PXOM de Mos totalmente blindado. Todos os recursos presentados foros desestimados polo Tribunal superior de xustiza.

A entrada en vigor do Plan xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Mos marca un antes e un despois tras ter repercutido nun notable aumento nas licenzas urbanísticas concedidas desde a súa aprobación.

De este xeito Mos pasa a ser un dos poucos concellos da área metropolitana cun Plan Xeral aprobado definitivamente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.