O Rainbow Warrior buque insignia de Greenpeace en Vigo

O Rainbow Warrior, en España contra a crise climática
Publicado por o día 26/06/2019 na sección de Galicia,Medio Ambiente,Social,Vigo

O Rainbow Warrior buque insignia de Greenpeace en Vigo

O buque insignia da organización ecoloxista recalará en Barcelona, Málaga e Vigo baixo o lema ‘Cambia a enerxía, non o clima’, Entre os numerosos actos a bordo están a presentación da campaña en rolda de prensa en Barcelona o 5 de xullo e un concerto en Vigo o 28.

Baixo o lema ‘En marcha polo clima’ o buque insignia de Greenpeace, Rainbow Warrior, visitará en xullo o noso país. Dentro dunha gran campaña europea (8 países, 14 portos), o veleiro ecoloxista recalará en Barcelona, Málaga e Vigo para demandar medidas urxentes contra a crise climática e lanzar a políticos, empresas e cidadanía a mensaxe ‘Cambia a enerxía, non o clima’.En plena onda de calor, que debido ao cambio climático é un fenómeno cada vez máis recorrente e intenso, a campaña do Rainbow Warrior combina a denuncia da crise climática, sinalando as súas causas, consecuencias e responsables, coa esixencia de solucións. A denuncia de Greenpeace apunta aos gobernos, que ante unha emerxencia climática que eles mesmos recoñecen, non están a actuar coa urxencia nin ambición necesaria. Tamén sinala ás empresas que encobren a súa actividade contaminante con campañas de lavado de imaxe.

Coa visita do Rainbow Warrior, Greenpeace quere destacar a urxencia de actuar contra o cambio climático e como, ante a falta de acción política, a cidadanía está a tomar as rendas. Para iso, contará coa presenza de diferentes colectivos que xa están “en marcha polo clima” como os movementos xuvenís, representantes da comunidade científica ou exemplos de persoas e colectivos que forman parte da chamada cidadanía enerxética.

A bordo do barco levarán a cabo encontros con medios de comunicación e representantes políticos e da sociedade civil (entre outros). Así mesmo, Greenpeace abrirá espazos de debate sobre as opcións da cidadanía para participar activamente na transición enerxética e reunirá as habilidades de persoas de moi diferente experiencia para buscar novas solucións para que a cidadanía poida contribuír máis a acelerar o cambio de sistema enerxético para loitar contra o cambio climático.

Todas as persoas que desexen coñecer o Rainbow Warrior (Guerrero do Arcoiris) poderán facelo, xa que o veleiro abrirá as súas portas para que quen se achegue a visitalo descubran, de primeira man, como é a vida a bordo do barco ecoloxista e cales son as solucións ao cambio climático.

O lendario “Guerrero do Arcoíris” é o terceiro barco da organización que suca os mares baixo este nome. O actual é un veleiro construído coa tecnoloxía existente máis sustentable. Dentro dunha tripulación internacional, destaca a presenza de dous españois aos mandos do veleiro: o catalán Pep Barbal, que leva máis dunha década navegando como capitán con Greenpeace, e a primeira oficial María Martínez.

VIGO

Entrada a porto: mércores 24 de xullo pola tarde/noite (hora por confirmar)
Xornadas de portas abertas:
Xoves 25 de xullo, 10:00-13:00 h e 18:00-20:30 h
Venres 26 de xullo, 18:00-20:30 h
Sábado 27 de xullo, 10:00-13:00 h e 18:00-20:30 h
Domingo 27 de xullo, 10:00-13:00 h
Concerto a bordo: domingo 28 de xullo pola tarde (hora por confirmar)
Taller-mesa redonda de iniciativas de enerxía cidadá: ‘Cambia a Enerxía, non o Clima’: venres 26 de xullo, 11:00-13:30 h (+30 min visita barco). Aberto ao público, previa inscrición.
Encontro de prensa: luns 29 de xullo, 11:00
Saída de porto: martes 30 de xullo pola mañá (hora por confirmar)

As actividades, horarios e lugares concretos da visita do Rainbow Warrior poderán consultarse na nosa web e poden sufrir cambios ou modificacións.

Comentar noticia

Your email address will not be published.