O RC Celta consegue un empate ante o Sevilla no Sánchez Pizjuán

Publicado por o día 30/08/2019 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

O RC Celta consegue un empate ante o Sevilla no Sánchez Pizjuán

Se alguén lle di ao Sevilla que non ía gañar ao Celta, vendo o que se viu sobre o verde, case ninguén o crería. Pero así é o fútbol. É o bonito dun deporte que é unha incógnita ata o último segundo do último minuto. E iso pasou no Pizjuán. Cando os de Lopetegui gritaban grazas ao golazo do Mudo Vázquez, Denis Suárez silenciaba á metade da capital andaluza na xogada seguinte. No primeiro disparo do Celta en todo o partido. Non lle fixo falta máis aos galegos. Non xogou ben, non tivo a pelota… pero non perdeu. E diso trata LaLiga, de non perder se non podes gañar.Algúns dirán que o Celta non mereceu sumar ningún punto, pero no fútbol contan os goles e non a forma de xogar. O Sevilla dominou, pero aos puntos os de Escribá resistiron e levaron un gran botín do feudo nervionense.

Os primeiros compases do partido foron dominados polo equipo local, que acumulou chegadas á área celeste. Co paso dos minutos, os de Fran Escribá sentíronse máis cómodos sobre o terreo de xogo e igualaron a posesión de balón.


No segundo tempo o RC Celta mellorou o seu nivel e igualou a contenda. Foi no tramo final cando Franco Vázquez adiantou aos sevillistas cun certeiro cabezazo. Apenas dous minutos despois, Denis Suárez empatou o encontro tras unha sensacional xogada debuxada por Lobotka e Santi Mina.

Ficha técnica

1- Sevilla: Vaclík, Jesús Navas, Diego Carlos, Carriço, Reguilón, Fernando, Banega, Jordán (Franco, min 70), Nolito (Rony Lopes, min 78), Munir (Bryan, min 54), De Jong.

1- RC Celta: Rubén; Kevin (Hugo Mallo, min 64), Aidoo, Araujo (Costas, min 75), Olaza; Brais, Lobotka, Beltrán, Denis Suárez; Aspas, Gabriel Fernández (Santi Mina, min 53)

Goles: 1-0 Franco, min 80; 1-1 Denis, min 84

Árbitro: Carlos del Cerro Grande, do comité madrileño. Amoestou a Munir, Diego Carlos, Fernando (Sevilla) e Kevin, Brais (RC Celta)

O Sevilla corta o refacho de vicotrias podería perder o liderado se o Atléti gaña o seu partido. O Celta segue escalando posicións tras unhas tres priemras xornadas moi dura con partidos ante o Real Madrid, Valencia e Sevilla.

 

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.