O RC Celta consolida o seu proxecto deportivo: Felipe Miñambres renova ata 2021

Publicado por o día 26/06/2020 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol

O RC Celta consolida o seu proxecto deportivo: Felipe Miñambres renova ata 2021

O RC Celta apontoa o seu ilusionante proxecto deportivo coa renovación do seu director deportivo, Felipe Miñambres, por unha tempada máis. O club gaña en solidez e estabilidade coa continuidade do máximo responsable da parcela deportiva, que chegou a Vigo en 2016 e que afrontará a súa quinta tempada no conxunto celeste.

Miñambres mostrou a súa alegría tras asinar o seu novo contrato nas oficinas da Sede. “Estou contento porque me atopo moi feliz na cidade, no club, cos compañeiros… “, apuntou. Sobre os últimos resultados obtidos polo RC Celta e o tramo final de tempada, o director deportivo asegurou que “está a ser un ano complicado pero conseguimos sacar a cabeza nos últimos encontros e estou ilusionado por tratar de facer un plantel mellor e que as cousas melloren”.