O RC Celta potencia o seu centro do campo coa fichaxe de Miguel Baeza

Publicado por o día 15/08/2020 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol

O RC Celta potencia o seu centro do campo coa fichaxe de Miguel Baeza

Calidade, asistencias e goles. O RC Celta reforza o seu centro do campo coa chegada do centrocampista ofensivo Miguel Baeza tras o acordo alcanzado entre o club olívico e o Real Madrid. O novo xogador celeste, internacional Sub-19, porase nas próximas horas ás ordes de Óscar García e o resto do corpo técnico para preparar a próxima tempada.

Miguel Baeza (27/03/2000, Córdoba) é un talentoso centrocampista zurdo con clara vocación ofensiva que destaca pola súa calidade, visión de xogo, golpeo de balón e chegada á área rival. A pasada campaña disputou 26 partidos co Real Madrid Castela en Segunda División B nos que sumou 9 goles e 4 asistencias, cifras máis que notables para un xogador da súa posición.

O centrocampista incorpórase á familia celeste pendente de superar o recoñecemento médico e firma co RC Celta polas próximas 5 tempadas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.