O RC Celta reclama, un estadio digno, cómodo e confortable para os seus abonados e afeccionados

Publicado por o día 09/09/2019 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

O RC Celta reclama, un estadio digno, cómodo e confortable para os seus abonados e afeccionados

Á vista da resposta da Federación de Peñas Celtistas ao Concello e da ausencia de consulta algunha ao club por parte do Consistorio sobre a situación actual da reforma das dúas bancadas do estadio de Abanca Balaidos, o RC Celta reitera a súa solicitude das seguintes medidas:

  • A reforma e adecuación das cubertas das Bancadas de Tribuna e Río para evitar que os abonados e afeccionados se mollen durante os partidos e ademais se protexan do sol.
  • A habilitación de accesos cómodos que favorezan o fluxo de entrada e saída dos seguidores nas bancadas de Tribuna Alta e Río Alto e Baixo. E en particular polas vías de entradas insuficientes das dúas bancadas de Río ao non habilitarse portas de acceso novas e que xeran longas colas antes dos encontros.
  • A reparación e renovación dos baños de Río Alto e Baixo.
  • Ascensores suficientes nas bancadas de Tribuna e Río Alto e Baixo para os abonados e afeccionados e que permitan ademais que os seguidores celestes con discapacidade ou problemas de mobilidade poidan asistir con normalidade á bancada que eles determinen.
  • Iluminación acorde coas esixencias de Primeira División.
  • Instalacións sustentables e eficientes tanto no aspecto de aforro enerxético como ecolóxico.
  • A subsanación inmediata das deficiencias dos asentos das Bancadas de Río Alto e Baixo, cuxa incomodidade é en moitos casos intolerable.
  • Subsanación dos problemas de inundacións sufridos de maneira periódica.
  • Aparcadoiro cómodo e accesible para os afeccionados e abonados.

O RC Celta reclama, en definitiva, un estadio digno, cómodo e confortable para os seus abonados e afeccionados.

Comentar noticia

Your email address will not be published.