O recanteiro da Comarca de Vigo concursa este vernres en Luar

Publicado por o día 10/01/2019 na sección de Galicia,TV,Vigo

O recanteiro da Comarca de Vigo concursa este vernres en Luar

A noite do venres, Samuel Represas, representante da Comarca de Vigo no concurso “Recantos” do afamado e histórico programa Luar da Televisión de Galicia, cantará para defender a continuidade do seu Recanto no concurso. O cantante, afincado en Xinzo de Ponteareas, representa un total de 11 Concellos: Porriño, Mos, Salceda, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Soutomayor, Gondomar, Nigrán , Baiona e, por  suposto, Vigo.

Samuel Represas pechará, xunto a súa compañeira, a representante do Bierzo, a segunda fase. O tema que lle otorgaron é o coñecido “Vivir así es morir de amor” de Camilo Sesto. unha canción que supuso o último gran éxito do artista na súa etapa española, antes de afincarse en Estados Unidos e dedicarse fundamentalmente ó mercado americano. Samuel Represas porá todo de sí para defender con éxito o tema e acadar o pase a seguinte fase. No obstante, Samuel precisará da inestimable axuda de toda a súa comarca xa que os televidentes mediante as súas chamadas, whatsapps e os votos no Facebook e Twitter oficial do programa, outorgan 10 puntos a repartir entre ambos concursantes segundo a porcentaxe de votos acadados.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.