O renacer do Arealonga FS Chapela

Publicado por o día 19/11/2019 na sección de Deportes,Fútbol Sala,Galicia,Redondela

O renacer do Arealonga FS Chapela

O noso Sénior Masculino tras unha mala tempada e outra de reflexión, a correspondente ao 2019-2020 convértese nun equipo de revelación da categoría; tras 7 partidos xogados (6 gañados e 1  empatado), con 43 goles a favor conseguindo 19 puntos, colócanos como os primeiros da táboa no que vai de tempada. Ao igual que o mito da Ave Fénix, este equipo resurxiu tamén das súas
propias cinzas como exemplo de superación persoal, fortaleza e esperanza.

O Arealonga FS Chapela continua perseguindo o seu obxectivo e loitando polo seu soño de competir de novo, a nivel autonómico. Somos un club fundado na educación, no respecto, na unión e especialmente, un referente familiar; e esta categoría é un exemplo a seguir polas categorías inferiores do novo club.

Esta semana enfróntase ao sétimo da táboa, prometendo ser un encontro competitivo e interesante.

Una respuesta para "O renacer do Arealonga FS Chapela"

  1. Berto   20/11/2019 at 11:12

    Es una liga de discapacitados…

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.