O retorno á normalidade na Atención Primaria

Esta mañá ás 12:00h, en compañía de veciños e veciñas, colocamos unha pancarta na varanda do Centro de Saúde de Cangas para instar ó Sergas á recuperación da normalidade na Atención Primaria.

Tralo estado da alarma sanitaria falouse moito da necesidade de ter unha Atención Primaria forte, xa que representa a primeira liña da asistencia sanitaria para a cidadanía e debe contar con recursos humáns e medios suficientes para afrontar con eficacia a súa labor principal, así como os posibles rebrotes do Covid-19. Todos e todas confiamos en que ó final do desconfinamento atoparíamos unha Atención Primaria reforzada, con máis persoal sanitario e medios, pero lamentablemente a realidade foi encontar a mesma precaridade anterior engadida a unha atención baseada en primar consultas telefónicas sobre as presenciais, reservadas únicamente se o facultativo valora a necesidade da presencia.

A implantación das consultas telefónicas de maneira xeneralizada, por riba das presenciais, non é compredida pola cidadanía e orixina un sentimento de afastamento e desprotección co seu médico e do sistema sanitario público.

Dende a Voz da Sanidade de Cangas compartimos a preocupación que ten a veciñanza con respecto ás consultas telefónicas e solicitamos o retorno da normalidade no centro de saúde cumprindo un protocolo anti covid-19, tanto para os profesionais como para os usuarios, implantando circuítos seguros no interior e salas de espera adaptadas ás actuais normas sanitarias, para así rematar coa deplorable situación das colas de pacientes na rúa.

A acción desta mañá é unha das primeiras que temos previstas realizar se a situación actual continúa.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario