O Revitaliza repartiu hoxe composteiros individuais e informou sobre o seu uso en Redondela 

O centro de compostaxe comunitaria do Salgueiral aumentou a súa actividade e en 2019 xestionou 19 toneladas de biorresiduos
Publicado por o día 13/02/2020 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Redondela

O Revitaliza repartiu hoxe composteiros individuais e informou sobre o seu uso en Redondela 

O multiusos da Xunqueira de Redondela foi o escenario dun novo reparto de composteiros individuais (COIN) do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. As persoas que asistiron recibirón unha charla impartida polo mestre composteiro encargado do Concello de Redondela, Héctor Nieto, quen explicou o uso que se debe facer do composteiro e aclarou todas as dúbidas da veciñanza.

A entrega dos COIN, foi ás 11 da mañá, supón un novo paso adiante do Concello na súa implicación co plan liderado pola Deputación para cumprir coas esixencias da Unión Europea en materia de residuos, que establecen que a finais deste ano se deben preparar para reciclar o 50% dos residuos xerados nas vilas. Tendo en conta que máis da metade do lixo que se produce nos fogares é de orixe orgánico a compostaxe en proximidade preséntase como a mellor alternativa tanto economica como ambiental.

A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Redondela 154 COIN para repartir entre a veciñanza. Ata o de agora lévanse repartido arredor dun cento e estanse a instalar carpas informativas co fin de achegar á xente a importancia de compostar. Un dos últimos postos informativos celebrouse a pasada semana acadando que 20 veciñas e veciños se apuntaran para ter un composteiro individual na horta da súa casa. Dado que quedan os últimos COIN dispoñibles, todas aquelas persoas poideron apuntarse para futuras entregas.

En canto ao centro de compostaxe comunitaria de Redondela -ubicado no extremo sur da Rúa Salgueiral-, experimentou un aumento das achegas de lixo orgánico da veciñanza durante o último ano, chegando a xestionar durante o 2019 un total de 19 toneladas de biorresiduos domiciliarios e fracción vexetal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.