O rexedor anima á cidade a sumarse á campaña “Unha bici, un sorriso”

Coa doazón de bicicletas en desuso, que serán recuperadas por talleres vigueses, as persoas colaboradoras permitirán que os nenos de familias con poucos recursos teñan unha bicicleta este Nadal. Amais, o alcalde avanzou detalles da marcha ciclista Bicis no Nadal que se celebra este domingo día 16.
Publicado por o día 14/12/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O rexedor anima á cidade a sumarse á campaña “Unha bici, un sorriso”

Abel Caballero presentou este venres a nova edición da campaña solidaria “Unha bici, un sorriso” que o Concello desenvolve en colaboración con A Golpe de Pedal desde o ano 2002 convidando á cidadanía a doar as bicicletas que non usen para que, unha vez arranxadas e recuperadas, poidan ser entregadas ás familias con nenos polo Nadal.

A campaña, aberta todo o ano pero cunha especial incidencia no Nadal, ten recollido xa máis de 1.000 bicicletas desde o ano 2002, pezas que restauran os talleres e tendas colaboradores: Anca, Bicitotal, Biciocon, Cromoly, Galicia en Bici, Gonzalo Aguiar, Nbike, Transcero, Lafuga, Xtrembike, Sportpasion, Duran Bikes e Mais que bicis.

José Manuel Suárez, presidente de A Golpe de Pedal amosouse satisfeito pola consolidación da campaña na cidade e mencionou as tres entidades coas que asinaron convenio de colaboración este ano para poderen recibir bicicletas: Cáritas, Aldeas Infantiles e Provivienda. Na rolda de prensa estiveron presentes Ana Pardo de Provivienda e Carlos Vidal, presidente do Club Ciclista Vigués.

Ademais, o alcalde convocou á cidade a participar este domingo, 16 de decembro, na marcha ciclista popular BICIS NO NADAL, que organizan en colaboración con el Club Ciclista Vigués e que parte ás 10:30 da mañá de Concepción Arenal e que tamén é solidaria, xa que recollerán alimentos non perecedoiros.