O rexedor anima á participación na xornada “Fortalece tu talento” da ONCE

O vindeiro xoves, 19 de setembro, o Pazo dos Escudos acolle un congreso sobre a formación e a mentorización de persoas con discapacidade organizado pola ONCE, entidade da que o rexedor eloxiou o seu labor.
Publicado por o día 13/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O rexedor anima á participación na xornada “Fortalece tu talento” da ONCE

Abel Caballero e Virginia Carcedo, secretaria xeral de Inserta Empleo da ONCE presentaron este venres en rolda de prensa a xornada “Fortalece tu talento” que se celebrará o 19 de setembro en Vigo, entre as 9:30 e as 18:30 horas da tarde para abordar a importancia da formación de persoas con discapacidade.

O alcalde recoñeceu o “colosal traballo da ONCE como factor vertebrador en toda España” e a súa capacidade para entender as persoas e a discapacidade. Amais, referiuse á xornada formativa como un exemplo da importancia da inclusión “cada vez máis”, ao vivirmos nunha “sociedade igualitaria cos mesmos dereitos e oportunidades para todos”.

Virginia Carcedo aludiu ao destacado papel das administracións e das empresas á hora de integrar ás persoas con discapacidade referíndose aos concellos como primeiras entidades ás que acode a cidadanía cando ten algún problema: “son aliados importantes e referentes á hora de colaborar para chegar á persoa con discapacidade”.

A xornada está dirixida a persoas con discapacidade desempregadas ou con emprego e a potenciais empregadores. Será unha xornada innovadora, segundo expuxo Carcedo, na que os asistentes terán a oportunidade de coñecer a empresas e empregadores, na que se poñerá en valor a formación continua e na que se realizarán obradoiros prácticos con diferentes temáticas: mentorización, realidade virtual, gamificación, dixitalización… A información completa está na web www.fortalecetutalento.es.

Comentar noticia

Your email address will not be published.